14.7 C
Lugo
Vie, 30 May 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto inaugural do ciclo de Musica Medieval Lugo

30 de abril - 21:00

Concerto inaugural do ciclo de Musica Medieval Lugo

A Capela de Santa María acolle este mércores -30 de abril – o primiero dos concertos do ciclo “Lugo, de Trovas e Cantigas”, co que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo promoverá actuacións musicais relacionadas con esta etapa histórica en distintos emprazamentos singulares e simbólicos da provincia.

Begoña Olavide -salterios e voz -, Manuel Vilas – arpas- e Francisco Luengo -violas – serás os intérpretes deste primeiro concerto, cun repertorio baseado nas cantigas de Martin Codax, no Llibre Vermell de Montserrat -un manuscrito de finais da Idade Media que recolle unha colección de danzas e cantos medievais -, no Codex Montpellier  – un manuscrito que contén unha colección de polifonía francesa – e no Codex das Huelgas – que documenta as composicions polifónicas da Idade Media na Península Ibérica-.

O concerto será ás 21 horas, con entrada gratuíta e libre ate completar a capacidade do espazo.

Axenda Cultural de Lugo.

www.vivalugo.es

https://www.facebook.com/vivalugo

https://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo

Detalles

Fecha:
30 de abril
Hora:
21:00
Categoría del Evento:

Local

Sala de exposicións da Capela de Santa María
Ronda da Muralla, 140
Lugo, Lugo 27004
+ Google Map
Teléfono
982 21 00 66
Ver la web del Local