Concerto – Pumuky
Venres 27 de xuño de 2025 – 22:30 horas – Club Clavicémbalo de Lugo
«Pumuky, banda imprescindible da música independente deste país, difícil de clasificar e fondamente emocionante e persoal.
Desde Icod de los Vinos (Tenerife), os irmáns Jaír e Noé Ramírez lideran este proxecto único que regresa en 2025 co seu 5º álbum: “No sueltes lo efímero”.
Pumuky regresa ao seu son máis característico, aínda que nunca completamente abandonado: un slowcore abrasivo de crescendos controlados e textos a corazón aberto, sen ningún filtro, bordeando ás veces a intensidade do shoegaze máis sucio, e noutras achegándose a pasaxes con impronta dream pop, pero sempre co seu selo propio, o que sempre os ten definido.
Rara avis, de encaixe difícil en etiquetas e escenas, Pumuky escriben cancións coma se fixeran trucos de escapismo.
Unha experiencia sonora intensa e sincera que non deberías perder.» (FACELA)