Concertos de Diego Flâneur e Carabela no festival “As literatas para Rosalía de Castro”

Diego Flâneur e Carabela actuarán na terceira edición de “As literatas para Rosalía de Castro”, na Capela de Santa María
Diego Flâneur presentará Nebra Pecha, coincidindo co aniversario do álbum, unha obra marcada pola súa vinculacióncon ecos de autores como Uxío Novoneyra ou Lois Pereiro.
O grupo Carabela, considerado unha das grandes revelacións da nova música galega, pechará a xornada cun suxerente directo no que cada tema se converte nun espazo habitado, propoñendo unha experiencia íntima e sensorial.
Os concertos completaranse cunha colaboración inédita entre Diego Flâneur e Carabela, na que musicarán versos da propia Rosalía de Castro.
As actuacións, gratuítas e con entrada libre até completar a capacidade do local, serán o luns 23, a partir das 20.00 horas, na Capela de Santa María.























