- Este evento ha pasado.
Concertos de Lumedoloop e Saibran

Lumedoloop, o trío compostelán conformado por tres figuras imprescindibles da escena urbana galega -Jamas, Møu e DJ Mil- presentará o seu álbum debut, (Re)existencia no Club Clavicémbalo o 21/03 – 22:30 horas
Sobre o escenario, despregan o triángulo conceptual do disco: a Rexistencia —o lume da loita—, a Reexistencia —o loop da transformación— e a Existencia —o froito de resistir e transformarse, a presenza plena—.
O flow magnético e a poética afiada de Jamas, a narrativa sonora de Møu e a técnica milimétrica de DJ Mil constrúen un concerto intenso, dinámico e sen concesións. Unha viaxe que atravesa a poesía máis esixente, a denuncia social sen edulcorantes, a retranca como arma e a introspección máis fonda.
Unha proposta escénica firme, honesta e sen artificios. Rap en estado puro.
https://www.instagram.com/lumedoloop/
Saibran é o proxecto persoal de Cibrán García, a metade de Boyanka Kostova. O rapeiro de Santiago vén de lanzar o seu primeiro disco ‘Atardecer Harmonioso con Gotas de Primavera’ que está a presentar en directo acompañado de Julián Goicoa ao baixo e Fiz García á batería.
























