(Tamén ás 12:30) Contacontos “Caer de cu polo universo”
e
O Vello Cárcere de Lugo
«Polo Día Mundial da Astronomía, que se celebra o 29 de abril, leremos este conto de Estíbaliz Espinosa e Lucía Cobo. Coñeceremos a Pandora e viviremos con ela unha trepidante aventura polo universo, mentres aprendemos cousiñas sobre o mesmo. Preparados para atoparlle o cu ó universo? Agardámosvos!
O tempo restante, os participantes poderán ler, debuxar ou xogar no Espazo de Lecer.
Público: nados entre 2017 e 2022 inclusive.
Aforo: 15 persoas.
*Recoméndase inscrición previa a partir do luns 20 de abril (inclusive)»

























