Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Conversa sobre os proxectos para a estación de autobuses de Lugo

24 de marzo - 20:30

Conversa sobre os proxectos para a estación de autobuses de Lugo

Martes 24 de marzo de 2026

20:30 horas

O Vello Cárcere de Lugo

Entrada libre e gratuíta ata completar aforo

«O martes 24 de marzo, ás 20:30 horas no Vello Cárcere, Rubén Arroxo (BNG) e Luis Latorre (Lugo Monumental) falarán sobre as propostas que as súas entidades presentaron para o espazo que actualmente ocupa a estación de autobuses de Lugo, nunha conversa moderada por Carmen Uz, presidenta da Asociación de Prensa de Lugo.

Este encontro prodúcese nun momento no que están no debate público as accións a levar adiante unha vez se remate a Estación Intermodal e a actual estación de autobuses perda a súa principal función. As dúas organizacións convocantes coinciden na importancia de chegar a conclusións canto antes, de cara ao planeamento desa zona para evitar que o edificio quede pechado, fóra de uso e abandonado nese momento.

Rubén Arroxo e Luis Latorre manterán un diálogo construtivo no que presentarán as únicas propostas existentes a día de hoxe, a do Bloque Nacionalista Galego e a da Asociación Lugo Monumental, nun encontro que busca a reflexión conxunta e o coñecemento destas iniciativas polos lucenses de cara á toma de decisións.

Carmen Uz, presidenta da Asociación de Prensa de Lugo, moderará a conversa dende a imparcialidade, polo que será un espazo amable de diálogo.» Lugo Monumental

Detalles

  • Fecha: 24 de marzo
  • Hora:
    20:30
  • Categoría del Evento:

Local

  • O Vello Cárcere
  • Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
    Lugo, Lugo 27002 Spain
    + Google Map
  • Teléfono 982 29 71 95