Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Danza «Alén»

20 de febrero - 20:30
Danza «Alén»

Colectivo Glovo

Venres, 20 de febreiro de 2026 20:30 hs. – Auditorio Municipal Gustavo Freire

Idade recomendada: Todos os públicos

Sinopse:

Un espectáculo de danza creado por Hugo Pires Pereira e Esther Latorre, inspirado nas raíces e na forza da natureza galega.

En Alén, catro intérpretes danse encontro nun espazo que lembra os nosos montes, ríos e mares. A través do movemento falan dos ciclos da vida que todas e todos coñecemos: a unión, o cambio e o renacer.

Os corpos vibran, evocan lembranzas compartidas e crean diante do público un ritual contemporáneo que conecta coas nosas tradicións máis fondas.

Alén celebra a memoria do mundo e a súa constante rexeneración, combinando forza e delicadeza nunha coreografía aberta, feita para emocionar e achegarse a quen mira.

Déixate levar por esta viaxe sensorial e descubre, xunto ás intérpretes, o que hai máis alá do visible.

ENTRADAS:

Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

 Programación do Auditorio Gustavo Freire no primeiro semestre do 2026

Detalles

Local

  • ​Auditorio Municipal Gustavo Freire
  • Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
    Lugo, Lugo 27003 Spain
    + Google Map
  • Teléfono 982 24 44 05