Danza «BenQuerer»

Danza «BenQuerer», Fran Sieira báilalle a Caamaño & Ameixeiras
Fran Sieira Compañía de danza
Venres, 27 de febreiro de 2026 20:30 hs.
Idade recomendada: Todos os públicos
Sinopse:
Benquerer, querer, querer ben e quererse ben son algúns dos termos nos que afondará o novo espectáculo de Fran Siera, desta vez, acompañado en directo polo dúo galego ligado á música e ao baile de raíz, Caamaño & Ameixeiras.
Desde un punto de vista case autobiográfico, a peza cuestiona que é quererse ben a un mesmo. É posible benquerer a outras sen quererse ben? Algunha vez antepoñemos o benquerer ao querernos ben? Ata que punto a benquerenza pode ser real se non vai acompañada de amor e respecto propio? Todos estes cuestionamentos faranse tamén dende as marxes, sempre con perspectiva de xénero.
O autocoidado emocional será o eixe central sobre o que xire este novo proceso creativo tan persoal e íntimo para o creador, onde a través do seu propio relato detallará a importancia do coidado, de quererse ben, de aceptarse e respectarse a un mesmo.
ENTRADAS
Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
























