Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Danza – Monte (versión estendida)

17 de abril - 20:30
Monte (versión estendida)

De Laboratorio Escénico S Coop Galega

Venres, 17 de abril de 2026 20:30 hs.

Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire

Idade recomendada: Todos os públicos

Sinopse:

MONTE – Versión Estendida nace das historias de mulleres  e fronteiras e o corpo como única equipaxe. Mulleres que deixaron atrás a terra coñecida e aprenderon a habitar outras, transformándose no tránsito entre culturas.
 
O monte como espazo de segredos, refuxio da memoria e territorio sacro onde se entrecruzan o visible e o oculto, como un espazo simbólico común onde se manifesta o espiritual, o popular e o sincrético.
 
A través do movemento e a música, o corpo convértese en arquivo vivo dunha identidade híbrida, onde se revela como estas mulleres se reinventan, cando as fronteiras dilúense e a pertenza reescríbese constantemente.
Dirección artística e coreografía: Maura Morales
Concepto: Alba Fernández
Creación e dirección musical: Iván Doval
Interpretación (danza): Ana Beatriz Pérez, Estefanía Gómez e Alba Fernández.
Interpretación (música): Diana Tarín, Amaury Quintero, Alfredo Álvarez, Pablo Hernández e Octavio Vargas.
Iluminación: Afonso Castro.
Vestiario: Carolina Díguele.
Escenografía: Carolina Díguele e Isabel O’Connor (Vara 3).
Técnicos en xira: Afonso Castro e Dyango Pérez.
Producción e distribución: Laboratorio Escénico S. Coop. Galega.
Fotografía e Video: Raquel Castro, Octavio Vargas, EME Comunicación.
Deseño Gráfico: Manchea S. Coop. Galega
Espectáculo subvencionado polas Axudas á Creación Escénica de AGADIC 2025 (Xunta de Galicia).
ENTRADAS: a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

Detalles

Local

  • ​Auditorio Municipal Gustavo Freire
  • Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
    Lugo, Lugo 27003 Spain
    + Google Map
  • Teléfono 982 24 44 05