18.8 C
Lugo
Sáb, 16 Ago 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Día da Galiza Mártir 2025

18 de agosto - 12:00

Día da Galiza Mártir 2025

Maite Ferreiro,  concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, convidou a todas e todos os lucenses a participar na homenaxe institucional a todas as persoas represaliadas polo franquismo organizada pola Tenencia de Alcaldía do Concello e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, coincidindo coas celebracións do Día da Galiza Mártir.

O acto terá lugar o vindeiro luns, 18 de agosto a partir das 12:00 no Vello Cárcere, dentro do compromiso do Goberno de Lugo para «continuar a manter viva a memoria de todas as persoas que foron asasinadas por defender os seus ideais».

Durante o acto, Maite Ferreiro dará lectura do manifesto elaborado pola fundación Alexandre Bóveda para o día da Galiza Mártir de 2025.

Con esta acción desde o Concello e a Deputación de Lugo continúan a traballar na rehabilitación da figura de Alexandre Bóveda, quen foi vítima dun falso proceso xudicial en Pontevedra, e de todas as persoas mártires da liberdade que el simboliza na memoria histórica e democrática do pobo galego.

Detalles

Fecha:
18 de agosto
Hora:
12:00
Categoría del Evento:

Local

O Vello Cárcere
Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
Lugo, Lugo 27002 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 29 71 95