Documental “Alén dos silencios”
Documental “Alén dos silencios”
24 de febreiro ás 19.30 horas no Auditorio do Vello Cárcere
Dirixido e escrito por Carmen P.G. Granxeiro, con Ana Real Castelo.
Aberta ao público ata completar aforo, e contará coa presenza das súa directora para un coloquio posterior co público.
Sinopse
Unha realidade silenciada pola guerra, a postguerra e os case 40 anos de ditadura no estado, emerxe para crebar os silencios da historia da miña avoa. Achégome a O Vello Cárcere, onde todo comeza e onde toma camiños paralelos aos doutras mulleres marcadas polos silencios nas súas familias. Na procura da(s) memoria(s) perdida(s), atopámonos interrelacionadas pola Historia e polas historias.
























