Encontro entre María Sánchez e Alba Cid dentro do programa Afinidades Electivas
María Sánchez (Fuego la sed, Cuaderno de campo, Tierra de mujeres) e Alba Cid (Atlas, A Faia de Ponto) estarán este venres, 11 de outubro, ás 19:00h na Librería Trama, dentro do programa Afinidades Electivas, encontros literarios en librerías.
Afinidades Electivas é un programa organizado polo Ministerio de Cultura e a Dirección General del Libro, del Cómic y de la Lectura no que librerías independentes acollen encontros entre dous autores ou autoras que desenvolvan o seu traballo en diferentes linguas, animando a cada un deles a referirse ao traballo e á obra do outro, buscando semellanzas, conexións e incluso camiños diverxentes.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte