Os actos do Encontro vanse celebrar en varias datas do 19 de outubro ao 9 de novembro en varios emprazamentos como a EASD Ramón Falcón de Lugo (Paseo dos Estudantes, 31) e principalmente en O Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n)
Este ano ca presencia de bastantes socixs de AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) como Aida Alonso, Augusto Metztli, Diego Estebo, Eva Agra, Guitián, Leandro Barea, Manel Cráneo e Santy Gutiérrez.
Tamén con autoras como Giovanna Lopalco, que xa foi invitada do Encontro fai anos e Julia Lago.
Unha charla teórico-práctica con Mónica Rodriguez, experta en creativos e desenvolvemento personal.
Acompañamento musical a cargo de Iria Estévez e moderando as charlas Neves Rodríguez.
Unha exposición en conmemoración dos primeiros vinte anos de AGPI composta de obras dxs socixs que se vai expoñer en O Vello Cárcere e unha presentación do novo Caderno AGPI.
Todo isto e máis o veredes na programación do Encontro.
Ilustración de Diego Pena
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte