26.1 C
Lugo
Jue, 26 Jun 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Entrega do premio «Mil privameras máis»

28 de junio - 20:30

Entrega do premio «Mil privameras máis»

Sábado, 28 de xuño de 2025 ás 20.30 horase en A Despensa do Saa

Acto de entrega a Marica Campo do premio Mil primaveras máis, na súa primeira edición.

Haberá recitados poéticos e música en directo.

O premio:

A taberna cultural A despensa do Saa promove o premio Mil primaveras máis como un modo de recoñecer o traballo en favor da Cultura de Galicia, en calquera das súas formas, e de resaltar o labor realizado por quen dedica a súa vida a esta tarefa, sen esperar máis premio que o de ver florecer a cultura do país e facer que, como deixou dito Álvaro Cunqueiro, Galicia dure mil primaveras máis.

Marica Campo:

A muller que recibe a primeira edición do premio Mil primaveras máis é unha escritora de moi amplo rexistro que naceu no Val do Mao-O Incio.

Coñece ben a provincia, entre outras cousas pola súa condición de mestre.

Comezou a escribir en galego cando exercía o maxisterio en Castro de Rei.

Entre a súa moi ampla produción figura a escrita de cancións para Fuxan os Ventos. A biblioteca do colexio Ricardo Gasset do Incio leva o nome de Marica Campo.

En poesía:

Tras as portas do rostro, Pedinche luz prestada, Sextinario: trinta e seis + tres, Nosoutras, Chan da Pólvora.

En narrativa:
Confusión e morte de María Balteira e Memoria para Xoana.

En teatro:
O Premexentes non pode cos paxaros rebezos ou Memorias dun Escribano, Confusión de María Balteira, O divino sainete.

-Igualmente ten publicados varias obras de literatura xuvenil.

-Marica Campo ten publicados numerosos prólogos e participou en moitas obras colectivas. Ten traducidos varios libros. Ten unha larga traxectoria como articulista en medios de comunicación.

-A escritora galardoada este ano co premio Mil primaveras máis ten recibido moitos ao longo da súa vida. Estreouse en 1983 cunha mención de honor no premio que concedía a asociación o Facho.

Marica Campo é Lucense do Ano 2023. Entre un e o outro premio, foi galardoada polo seu traballo literario noutras dez ocasións.

Detalles

Fecha:
28 de junio
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

A Despensa do Saa
Salvador de Madariaga 8
LUGO, Lugo 27002 Spain
+ Google Map