EscaparArte
Unha iniciativa participativa que propón intervencións artísticas en diversos escaparates do casco histórico da cidade de Lugo, terá lugar o sábado 5 de abril de 12.00 a 14.00 horas.
Ata o 23 de marzo está aberto o prazo de recepción de propostas para o EscaparArte deste ano. Nas bases de participación tes máis información e tes que enviar a túa solicitude de inscrición en area.cultura@usc.gal.
Esta actividade está incluída dentro da programación da Primavera Cultural e enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural que desenvolven a USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.
Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte