Espazo infantil na Praza de Alacante
Inchables, xogos tradicionais, obradoiro de maquillaxe facial e sorteo de agasallos… achégate este venres 25/04 ata o Espazo Infantil que estará na Praza de Alacante de 17:00 a 20:00 horas, e desfruta en familia dunha tarde superdivertida.
Ademais, os nenos e nenas de Lugo, poderán expresar as súas inquedanzas sobre a cidade nunha cartolina ilustrada polo artista lucense Joaquín París cunha caricatura de @elenacandialugo preguntándolles: “Que botas de menos en Lugo?”, e na parte traseira unha divertida actividade de pintura con bonecos caracterizados de romanos e castrexos, en homenaxe á historia de Lugo.
Lembra: Venres 25 de abril, de 17:00 a 20:00 horas na Praza de Alacante. De balde.
Promovido polo @ppconcellolugo
Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte