Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Espectáculo familiar «As fabas máxicas»

28 de marzo - 12:00
28 de Marzo 2026, 12:00
Biblioteca Pública de Lugo – Salón de actos (entrada de balde ata completar capacidade)

A cargo de Caramuxo Teatro

Para nenos/as a partir de 4 anos.

Duración: 40 minutos

Neste espectáculo contado en primeira persoa Caramuxo Teatro achega unha nova versión do coñecido conto infantil Xan e as fabas máxicas.

Tras criarse na aldea coa súa avoa, Xan vive agora de adulto nun apartamento de Nova York.

Un día, coidando as plantas da súa terraza, descobre algo que lle fai lembrar unha infancia chea de aventuras.

As fabas máxicas é unha fermosa peza na que o humor, a emoción e a palabra van da man.

CONMEMORAMOS O DÍA DO TEATRO QUE É O 27 DE MARZO.

Detalles

Local

  • Biblioteca Provincial de Lugo
  • Avda Ramón Ferreiro
    Lugo,
    + Google Map