
Cia Arturo Cobas
Domingo, 23 de novembro de 2025 18:30 hs.
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Categoría: Teatro Familiar
Idade recomendada: A partir dos 6 anos
Sinopse:
As emocións, vivencias, ilusións, experiencias, en definitiva, a bagaxe da humanidade está cargada en 60 maletas, custodiadas por un pallaso e unha pallasa. Arturo Cobas “Nono” e Natalia Outeiro “Pajarito” únense para crear o espectáculo cómico das súas vidas, onde cada maleta contén unha sorpresa, unha historia, unha nova aventura por descubrir.
Máis ¿qué pode sair mal cando se trata dunha combinación tan explosiva coma a de dous artistas coa sua propia bagaxe emocional?
Seredes testemuña dunha viaxe única onde a comedia e a emoción se mesturan cunha explosión de creatividade. Pero sempre haberá unha incerteza: ¿qué acontecerá cando abran a seguinte maleta?
ENTRADAS
Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte