- Este evento ha pasado.
Familiar «Berenguela na Gaiola»

Familiar «Berenguela na Gaiola»
De Galeatro + Xarope Tulú + CDG
Domingo, 25 de xaneiro de 2026 18:30 hs.
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Idade recomendada: A partir dos 4 anos
Sinopse:
Nunha residencia da terceira idade traen de volta a Berenguela, una anciá que aproveita para fuxir en canto pode. Quere volver á súa casa na aldea, onde sempre viviu, onde é feliz.
Berenguela protesta, rosma, funga, ata que a súa amiga Aurora consegue acougala. Aurora é outra anciá prisioneira, unha anciá que non lembra ben quen é, así que pode ser o que ela queira.
Na mesma residencia está Tomás, que pasa o día mirando pola xanela, cismando nas súas cousas, triste e gris.
Representando Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela, de Manuel María, as tres anciás atoparán a liberdade que cren perdida e a posibilidade de cambiar o mundo.
Berenguela na gaiola é unha divertida e emotiva proposta para público familiar; unha coprodución de Galeatro e Xarope Tulú co Centro Dramático Galego e o Festival Internacional de Teatro de Carballo (FIOT) con dramaturxia e dirección de Paula Carballeira.
A peza foi gañadora do IV Certame Manuel María de Proxectos Teatrais en 2025.
ENTRADAS
Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e no Vello Cárcere ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
Programación do Auditorio Gustavo Freire no primeiro semestre do 2026


























