5 C
Lugo
Mar, 15 Abr 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Familiar «Carapuchiña vermella»

4 de abril - 18:00

Familiar «Carapuchiña vermella»

04 de Abril 2025, 18:00 horas

Biblioteca Pública de Lugo – Salón de actos (ata completar capacidade)

Para nenos/as a partir de 4 anos (Público familiar)

Duración: 40 minutos

Entrada de balde.

Pedras de Cartón presenta “Carapuchiña”, o quinto espectáculo da compañía, no que traballa cun dos clásicos máis populares da literatura infantil. Carapuchiña é un conto de fadas de transmisión oral, adaptado posteriormente por Charles Perrault e máis tarde polos irmáns Grimm.

Pedras de Cartón toma como punto de partida o clásico para xogar cos contos populares.

Nunha vella panadaría, dous panadeiros comezan a súa rutina diaria na que van colocando os pans, os bolos e tódolos utensilios para abrir a tenda. Mais ese día pasan os minutos e ninguén aparece…

A partir de esta situación xogamos a desarmar os contos que todos coñecemos: Os tres porquiños, Xane as fabas máxicas, o Parrulo Feo, Brancaneves, o Soldadiño de Chumbo… e a Carapuchiña Vermella.

“Carapuchiña” é unha comedia de teatro de obxectos protagonizada por Juan Rodríguez e Leonardo Casado que xoga coa historia cunha linguaxe xestual,case sen palabras e ambientada no mundo da panadaría tradicional.

Axenda Cultural de Lugo.

www.vivalugo.es

https://www.facebook.com/vivalugo

https://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo

Detalles

Fecha:
4 de abril
Hora:
18:00
Categoría del Evento:

Local

Biblioteca Provincial de Lugo
Avda Ramón Ferreiro
Lugo,
+ Google Map