Cía Nacho Flores
14 Agosto. 18.00h. Praza Anxo Fernández Gómez. De balde.
Idade Recomendada: Todos os públicos
Sinopse:
Un espectáculo que trata a doma clásica desde un punto de vista metafórico. O domador, coa súa obsesión polo control total, volverá gradualmente á súa infancia montado nun balancín xigante. A viaxe de transformación do personaxe permitiralle crear diferentes esculturas en equilibrio.
Baseado na investigación arredor da dominación, Domte concíbese como unha obra participativa onde o público colabora na construción das estruturas.
A peza é unha oda á colaboración na confrontación coa dominación.
Dentro da programación «O que queda de verán 2025» de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte