Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Familiar «Sé tortuga»

11 de enero - 18:30
Familiar «Sé tortuga»

De Xip xap Teatre

Domingo, 11 de xaneiro de 2026 18:30 hs.

Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire

Idade recomendada: A partir dos 4 anos

Sinopse:

Coa fórmula de fábula, un galo e unhas entrañables tartarugas farán que descubramos a importancia de vivir e disfrutar das cousas dun xeito tranquilo e sen presas. E do gran poder que ten o amar e ser amable, porque sí, sen agardar nada a cambio.

Unha historia divertida, na que uns personaxes intelixentes apelan tamén á intelixencia do espectador.

O galo está pasándoo fatal. Leva moito tempo sen traballo e non ten un céntimo. Un día ofrécenlle ser profesor de canto e todo é entusiasmo, pero o traballo non é o que esperaba, as súas alumnas son as Wonderful, cinco tartarugas cunhas voces non demasiado dotadas para o canto que pretenden que o galo lles axude a gañar un concurso.

Co seu entrañable optimismo e a súa bondade infinita, as tartarugas porán a proba a paciencia do galo e ensínaránlle que, nesta vida, o importante non é chegar lonxe senon disfrutar do camiño.

Premio Provincia a Escena (2024). Feria de Teatro de Castilla y León.

Premio Edebé de Literatura Infantil (2023) para a obra orixinal «Sé Tortuga» de Agustín Sánchez Aguilar.

ENTRADAS

Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e no Vello Cárcere ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

Programación do Auditorio Gustavo Freire no primeiro semestre do 2026

Detalles

Local

  • ​Auditorio Municipal Gustavo Freire
  • Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
    Lugo, Lugo 27003 Spain
    + Google Map
  • Teléfono 982 24 44 05