11.6 C
Lugo
Lun, 10 Nov 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Familiar «Tradicións de Outono»

11 de noviembre - 16:00
Familiar «Tradicións de Outono»

O martes 11 de novembro a partir das 16.30 horas, terá lugar no Centrad, unha actividade que achegará as tradicións de outono a todas e todos os participantes.

Esta actividade, que será para público familiar, contará cun obradoiro de xogos bailados e cantigas relacionados con estas datas, un magosto e xogos tradicionais da man de Xotramu, todo para darlle a benvida ao outono cunha nova actividade de difusión e promoción da nosa música, o noso canto e o noso baile tradicional e outras tradicións existentes na nosa cultura.

Esta actividade conta coa axuda da Área de Cultura do Concello de Lugo e a cesión das instalacións para realizala por parte do Centrad.

Entrada de balde ata completar aforo.

XII Certame de Debuxo

Durante este acto farase entrega dos agasallos para os  finalistas do  XII Certame de Debuxo sobre o baile e os instrumentos da música tradicional.

Nesta edición do certame,  participaron mais de 200 debuxos realizados polas nenas e nenos de primeiro, segundo e terceiro curso de primaria dos centros de ensino da Provincia de Lugo que ademais dunhas grandes dotes artísticas tamén nos amosaron os seus amplos coñecementos sobre a nosa música.

Esta iniciativa organizada pola Tradescola en colaboración coa Área de Cultura da Deputación e que acadou este ano a súa décimo segunda edición, ten a finalidade de potenciar e difundir entre os máis pequenos a música tradicional galega, e axudar a que coñezan os nosos instrumentos e o noso baile tradicional.

Detalles

  • Fecha: 11 de noviembre
  • Hora:
    16:00
  • Categoría del Evento:

Local