A Praza da Soidade, en Lugo, acollerá durante a fin de semana a XXXI Feira do Mel, un escaparate para 24 produtoras e produtoras de mel das comarcas de Lugo no marco do San Froilán.
Horario: estará aberta desde ás 10 da mañá ás 9 de noite.
Programa de actividades especiais:
Sábado, 5 de outubro
Ás 12.30 horas. Cata de mel.
De 17.30 a 19:30 horas. Obradoiro de globoflexia
Domingo, 6 de outubro
De 12.00 a 14.00 horas. Obradoiro de velas
A feira do mel complementarse coa exposición “A Galicia cereira dos séculos XVIII ao XX: velas, velóns e exvotos”, que se poderá ver no Museo Provincial de Lugo do 30 de outubro ao 24 de novembro.
O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro, a concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza Cristina López e representantes da Asociación Provincial Lucense de Apicultores presentaron a feira, que contará con 24 expositores representativos do mellor mel das comarcas de Lugo e cunha axenda de actividades pensadas para promocionar as calidades do produto e dinamizar as vendas como unha cata de mel e obradoiros de globoflexia e velas.
O vicepresidente da Deputacion Efrén Castro destacou “que o San Froilán supón unha oportunidade para que as produtoras e produtores cheguen a un público moi numeroso, pola cantidade de xente que ven a gozar das festas” e encadrou á colaboración “no apoio que, especialmente desde a área de Rural, se presta a outras feiras de mel pola xeografía da provincia, ofrecendo ás pequenas producións canais de venda directa e espazos nos que promocionar os seus produtos”.
A concelleira de Participación Cristina López explicou que “a feira estará aberta desde ás 10 da mañá ás 9 de noite” e animou “a achegarse á feira para coñecer a variedade de mel que se produce na provincia e a participar nas actividades que se organizarán arredor dos postos”
Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
https://www.instagram.com/vivalugo/