O Goberno local adiantará a este domingo día 22 a celebración do Día do Maior cunha festa na praza da Milagrosa, con baile, música en directo, merenda doce e algunha que outra sorpresa.
A Concelleira de Benestar Social e Maiores, Olga López Racamonde, sinalou que “decidimos adiantarnos ao 1 de outubro, a data oficial do Día Internacional das Persoas Maiores, para espacialo das festas de San Froilán e garantir mellor tempo e asistencia, para unha actividade que cada ano organizaremos nun barrio distinto co obxectivo de dar visibilidade as diferentes zonas da cidade, e favorecer a socialización da veciñanza”.
Desde as 16.30 e ata as 20.00 horas, a praza da Milagrosa acollera esta festa para o que o Goberno local instalará unha gran carpa, que permita celebrar o baile social, que contará con música en directo.
A edil de Benestar Social e Maiores invita a todas e todos os asiduos aos bailes dos distintos centros de convivencia municipais a tomar parte neste gran baile social, que aínda que dirixido aos maiores está aberto á poboación en xeral.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte