Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Festa X Aniversario da Semente de Lugo

26 de septiembre

Festa X Aniversario da Semente de Lugo

26 de setembro no Centro Social Mádia Leva.

Con entrada libre, comezará ás 11:00 cun faladoiro en que familias e colaboradores da Semente conversarán sobre os inicios, o
presente e o futuro do proxecto. A seguir, ás 12:00 o artesán Xaneco Tubío impartirá o obradoiro “Facer un cantagalo en familia”.

Posteriormente, ás 13:30 será proxectada unha pequena montaxe que resume a historia visual da Semente nesta década.

A partir das 14:00 haberá un xantar popular e xa pola tarde, ás 16:00, terá lugar o obradoiro “Como é a escola que queres?” dirixido a público infantil. Como último acto da festa, ás 18:00 comezará a peza teatral Ciencia malabar, levada á escena pola Compañía Fraga das Mouros e que se integra no Circuito de Teatro Profesional da Área de Cultura da Deputación de Lugo deste ano 2026.

Detalles

  • Fecha: 26 de septiembre
  • Categoría de Evento:

Recinto