Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Festival de Jazz de Lugo 2026, concerto de Abe Rábade

8 de noviembre - 19:30
Festival de Jazz de Lugo 2026, concerto de Abe Rábade
Domingo 8 de Novembro
19:30 H – Auditorio Fuxan os Ventos – Organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Lugo (Entrada de balde ata completar a capacidade da sala principal, por orde de chegada.

O exercicio profesional de Abe Rábade ocupa un lugar selleiro no presente panorama jazz europeo.

Pianista, compositor e improvisador, o seu traballo sempre se desenvolveu nun ámbito no que a creación artística vai máis alá dos límites do estritamente musical para se transformar nunha sorte de observación, reflexión e diálogo con todo o que existe.

As súas pezas combinan a precisión arquitectónica do compoñer, a liberdade do improvisar e unha constante atención ás fibras invisibles que vencellan memoria, paisaxe, identidade e experiencia.

Nova Botánica, a última de Abe, dispón nunha trenza a música de tradición galega, a de jazz e maila de cámara. A vexetación autóctona de Galicia representa o fío condutor da obra para os efectos de contrastar sensibilidades musicais; de dialogar con textos populares e con autores pertencentes a diferentes culturas e épocas nun bosque mixto que pon de acordo o urbano e mailo rural, a experimentación e a ortodoxia, o transcendente e o desenfadado.

Detalles

  • Fecha: 8 de noviembre
  • Hora:
    19:30
  • Categoría de Evento:

Recinto

  • Auditorio Municipal Fuxan os Ventos
  • Rúa Madanela
    LUGO, Lugo 27002 Spain
    + Google Map