Festival de Jazz de Lugo 2026, concerto de JUZZ
Festival de Jazz de Lugo 2026, concerto de JUZZ
En colaboración con FACELA Fest
JUZZ é a banda liderada polo guitarrista galego Virxilio da Silva, un nome máis relacionado nun principio coa escena jazzística, aínda que non só se pode cinxir a ese xénero musical.
Virxilio, ademais de ter colaborado en numerosas gravacións e directos como «sideman» ao longo dos últimos vinte anos, colidera tamén bandas como Foxy Freire, Loiros, Fuzzo, The Manueles ou Steel Sheep, que reflicten a variedade estilística na que este músico se sente especialmente cómodo.
A música de JUZZ ten como máxima a procura da liberdade alén da súa clasificación nun xénero determinado, e aspira, por enriba de todo, a manifestar a súa esencia subversiva.
En abril de 2024, o selo lucense de rock progresivo áMarxe publica unha reedición en formato CD do seu primeiro disco, que inclúe material inédito da sesión de gravación orixinal. O lanzamento recibe moi boa acollida entre o público especializado, colleitando excelentes críticas dentro e fora do país.

