Festival de Jazz de Lugo 2026, concertos de Javier Vercher Cuarteto e Cachas & Cousins
Festival de Jazz de Lugo 2026, concertos de Javier Vercher Cuarteto e Cachas & Cousins
Javier Vercher Cuarteto
Javier Vercher é un saxofonista madrileño (nado en 1978) que recibiu a súa formación inicial en Gandía antes de estudar no Berklee College of Music grazas a bolsas da A.I.E. e da propia institución; alí profundou nos seus coñecementos de improvisación e harmonía contemporánea. Tras graduarse, instalouse en Nova York, onde colaborou con figuras destacadas do jazz e gañou o premio ao «Músico Revelación» na Bienal SGAE Tete Montoliu. Realizou xiras internacionais con Chip Taylor e Carrie Rodriguez, así como con Alejandro Sanz, actuando en escenarios importantes de Latinoamérica, os Estados Unidos e España. Desde o seu regreso a España en 2010, traballou con músicos de primeira liña da escena do jazz e publicou unha extensa discografía. Tamén compuxo bandas sonoras para documentais e, desde 2016, forma parte do profesorado de Berklee Valencia.
Cachas&Cousins é unha banda de rocksteady, R&B e soul xamaicano formada en Santiago de Compostela no ano 2014. No seu repertorio contan con clásicos da música xamaicana dos anos 60, cos cales transmiten a súa paixón polo ska e o rocksteady, imprimindo nas actuacións o máximo respeto polas raices do estilo e buscando un coidado son que se asemelle ao utilizado por grupos da época, con un mimado e enérxico directo que non deixa indiferente a ninguén, apto para todos os públicos.
Nestes anos percorreron Galicia participando en festivais tales como o Outono Codax, Deleite, Feito a Man, Festival rúas vivas de Noia, Ska all night en vigo ou Circuíto paseantes de Pontevedra.

