Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Flashmob para festexar os 25 anos da Muralla como Ben Mundial

30 de noviembre, 2025 - 13:30

As escolas de baile de Lugo Gravitty Humans in Motion e Star Dance crearon estes días unha coreografía conxunta coa que levarán a cabo un flashmob para festexar os 25 anos da Muralla como Ben Mundial.

Ambas academias ceraron unha sinxela coreografía, para interpretar este baile grupal, o propio día 30, data da efeméride, a partir das 13.30 na contorna da Praza do Ferrol.

A música do coñecido tema “Terra” das Tanxugueiras porá a banda sonora a esta nova actividade, coa que desde o Concello se busca a participación de lucenses de todas as idades para festexar un logro que tamén foi o resultado do esforzo colectivo de moitas persoas.

A área de Alcaldía do Concello de Lugo repartirá camisetas co logotipo conmemorativo dos 25 anos do aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade a todas e todos os que se acheguen ata a Praza do Ferrol para tomar parte nesta nova iniciativa artística. 

Detalles

  • Fecha: 30 de noviembre, 2025
  • Hora:
    13:30
  • Categoría del Evento: