Foro da la 2026

Foro da la 2026
14 e 15 de novembro. Aberto ó público xeral con horario de 11 a 20h o sábado e de 11 a 14h o domingo, e levaráse a cabo no Soto da Praza da Abastos de Lugo, situada no centro histórico da cidade. ( https://maps.app.goo.gl/
O Foro da La é un encontro de visibilización da problemática que existe coa la, de reivindicación do seu valor e por suposto de celebración do seu uso.
No foro haberá lugar para todo: unha parte de xuntanza, unha cultural con proxección de documentais, exposicións e actuacións e outra de feira con expositores, demostracións, obradoiros e presentación de proxectos.
Sábado, 14 de novembro
Horario: 11:00 a 20:00 h
-
11:00 h. Obradoiro de remendo, por Io Morales.
-
12:30 h. Presentación de proxectos laneiros.
-
16:00 h. Obradoiro de afeltrado en seco, por Rowena Whitelaw.
-
17:30 h. Proxección de «Los últimos pastores».
-
19:00 h. Bingo musical laneiro-pastoril.
Domingo, 15 de novembro
Horario: 11:00 a 14:00 h
-
11:00 h. Obradoiro de Nadal en ganchillo, por Macedonia Téxtil.
-
12:30 h. Teatro: Estremonía da Silva, Lilà Teatro.
Actividades e propostas durante o foro
-
Postos de artesanía.
-
Produtos de alimentación.
-
Presentación de proxectos participantes.
-
Demostración de fiado.
-
Documentais.
Obradoiros: inscrición de balde en https://www.instagram.com/foro.da.la/




«A la é unha fibra natural, ecolóxica e sostible con multitude de usos, ademáis do téxtil no que seguimos utilizando maioritariamente fibras plásticas, e que na actualidade está a desbotarse creándolles ós gandeiros de ovino dous problemas: por unha banda o que debera ser un recurso máis da súa explotación, supón só un gasto, xa que por benestar animal as ovellas deben ser rapadas polo menos unha vez ó ano, e por outra teñen a esixencia de que a la sexa recollida por un xestor autorizado, pero ó non ter valor ninguén a quere recoller.
Por iso queremos que todo o mundo coñeza as posibilidades que ten a la, que máis persoas nos concienciemos do seu uso e axudemos ós nosos gandeiros, que coa gandería extensiva protexen os nosos montes de incendios, e que demandemos máis la e menos plásticos e tóxicos.
Non deixedes de visitar o perfil do @foro.da.la para coñecer o resto de actividades do foro!»

