
O 13 de decembro, de 17.00 a 20.00 horas, na Casa do Saber do campus de Lugo, haberá un encontro coa fotógrafa Lúa Ribeira, incluído dentro da programación do Outono Cultural: ‘Subida ao ceo’.
Para asistir tes que inscribirte neste formulario do 3 de novembro ao 11 de decembro e aboar as taxas correspondentes. No formulario tes a información de como realizar o pagamento. Para calquera dúbida envía un correo a cultura.lugo@usc.gal
Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte