Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Fotografía – Proxección e charla «Viaxe polo mundo da máscara»

12 de febrero - 19:30

Fotografía – Proxección e charla «Viaxe polo mundo da máscara»

Fotografías dos entroidos do Noroeste da Península Ibérica de Mercedes Vázquez.

12 de febreiro de 2026

19:30 horas

O Vello Cárcere de Lugo

Entrada de balde

A etnógrafa sarriana Mercedes Vázquez Saavedra, falará sobre as máscaras de Galicia e Portugal, que investiga desde fai máis de trinta anos.

Escritora, fotógrafa e correcamiños, e membro da Academia Ibérica da Máscara, con sede
en Bragança, levou a cabo unha investigación etnográfica arredor do mundo da máscara
por todo o noroeste da Península Ibérica, que dá pé a esta proxección fotográfica.

“A miña vida e o mundo da máscara, un mundo máxico e paralelo. Non quero saír deste
mundo de caretos e mascarados; non quero vivir no mundo real, non me gusta nada o que
está a acontecer”.

Volantes de Santiago de Arriba (Chantada), Oso de Salcedo (A Pobra do Brollón), as
Madamitas e Guardiñeiros de Malpica, Zarramanculleiros de Cualedro, Cigarróns de Verín,
Troteiros de Bande, Peliqueiros de Laza, Felos de Esgos, Vergalleiros de Sarreaus,
Máxcaras de Manzaneda, Boteiros de Viana e Chocalleiros de Vilardevós… Todos e cada
un dos protagonistas do Entroido foron captados pola cámara da sarriana Mercedes
Vázquez Saavedra, unha apaixonada do mundo da máscara.

Detalles

  • Fecha: 12 de febrero
  • Hora:
    19:30
  • Categoría del Evento:

Local

  • O Vello Cárcere
  • Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
    Lugo, Lugo 27002 Spain
    + Google Map
  • Teléfono 982 29 71 95