Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Gala dos Premios Mestre Mateo

21 de marzo

A gala dos Premios Mestre Mateo terá lugar o 21 de marzo no Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo.

Asistirán un total de 900 persoas, a cidade converterase no epicentro do audiovisual galego.

A gran noite do cinema e da creación audiovisual contará coa tradicional alfombra vermella, pola que desfilarán rostros destacados do sector, profesionais finalistas e personalidades do ámbito cultural e institucional, nunha celebración que reunirá ao mellor do audiovisual galego do último ano.

Este ano, como novidade, ademáis da Gala de entrega de Premios a Academia organizará un espectáculo en directo para que o público poida seguir a gala desde un dos escenarios do propio Auditorio Fuxan os Ventos. A función especial estará presentada polo cómico Rafa Durán e incluirá numerosas sorpresas (ver máis información). Ademais, o público asistente poderá inmortalizar o momento nun photocall exclusivo e vivir de preto a experiencia da gran noite do audiovisual galego.

Detalles

Local

  • Auditorio Municipal Fuxan os Ventos
  • Rúa Madanela
    LUGO, Lugo 27002 Spain
    + Google Map