Gala solidaria «As 13 de Lugo»

«O venres 23 de xaneiro, gala solidaria coas chamadas “13 de Lugo” no Clavicémbalo (Rúa dos Paxariños, 23, Lugo)
13 persoas en total na provincia de Lugo están expostas a sancións que poderían chegar a sumar 65.000 €. Multas das que temos constancia a través dos medios de información, propostas pola “Comisión Estatal contra la Violencia, el Racismo, la Xenofobia y la Intolerancia en el Deporte”, por manifestarse en contra da participación do equipo israelí Premier Tech en “La Vuelta”.
Oito das trece persoas están xa inmersas nun proceso xudicial acusadas de “desordes públicas”, polo que o pasado mes tiveron que declarar ante a sede xudicial.
Dende Lugo por Palestina amosamos toda a nosa solidariedade coas “13 de Lugo” e animámosvos a acudir á gala solidaria con todos estes grupazos e solistas que colaborarán de forma solidaria para recadar os cartos necesarios para sufragar os gastos xurídicos e as futuras sancións.
Debemos estar orgullosxs de que miles de persoas non permanecemos, nin permanecestes, nin permaneceremos impasibles fronte ao branqueamento do ente sionista a través do deporte.
E queremos celebrar pequenas vitorias como esta, xa que ademais de impedir o normal desenvolvemento de «La Vuelta» grazas á protesta social, o equipo israelí foi disolto tras a retirada dos patrocinadores.
Unha de tantas accións de boicot que son só unha parte da loita internacionalista para frear o exterminio contra a poboación palestina.
Dentro da gala tamén atoparás merchandising.
🗯️ Fila Cero: se non podes vir e queres colaborar igualmente, deixámosche o número de conta abaixo.
Deseñador do cartaz Iván Mourounte @i.mouronte.b
Grazas a todos os grupos, á presentadora Raquel López, a @franzelop pola xestión e ao @clavincembalolugo_ por cedernos o espazo.
VIVA PALESTINA LIBRE 🇵🇸
Grupos: @sara.nebra.gal @lamontagne_lau @punkonkeixo @filophobicas @conductocoloquio @lorahacepam @circuncisiontotal @manukasoaparte
—-
Fila cero (doazón, non para pagar entrada) ⬇️
Titular: A Hedreira
Banco: Caixa Rural Galega
Concepto: Represaliadas LA VUELTA
N.º de conta: ES60 3070 0032 9764 4952 6927 »





























