Lugar: Mercado Municipal de Lugo
Fin de semana do 14 ao 15 de setembro
O I Foro da la de Galicia, é unha iniciativa que pretende visibilizar a situación que existe coa la das ovellas e poñer en valor os seus usos, tanto tradicionais como innovadores.
Por iso, desde Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia-OVICA , propoñen este encontro, que terá lugar no soto da Praza de Abastos de Lugo, os días 14 e 15 de setembro, en horario de 11h a 19h. e no que poderemos atopar:
– Exposición e venda das diferentes iniciativas ao redor do mundo da la.
– Proxección de documentais, relacionados coa temática concreta e o mundo da gandería en xeral.
– Música, para desfrutar e bailar.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte