- Este evento ha pasado.
«Ida y vuelta» – Encontro e proxección coas artistas residentes en Leira

«Ida y vuelta» – Encontro e proxección coas artistas residentes en Leira
«Este martes 10/06 ás 19h convidámosvos a un encontro e proxección co actual colectivo residente no espazo, IDA Y VUELTA (IVY) @iyv.iyv
Teremos a oportunidade de visionar algúns dos seus traballos anteriores e compartir algunhas ideas do desenvolvemento da súa exploración en Lugo.
Conformado por Raquel Vázquez e Laura Valdivieso, IDA Y VUELTA (IVY) é un colectivo de investigación e experimentación artística fundado entre prácticas analóxicas e dixitais.
O seu traballo desmonta e reconfigura narrativas sobre o territorio para repensalas críticamente no contexto dos tempos convulsos actuais.
A través do cruzamento entre linguaxes estéticas e metodoloxías especulativas, IVY propón novas formas de ler e habitar as paisaxes contemporáneas.
Esperámosvos!»























