Inauguración da exposición «20 aniverarsario CDAN Lugo»
Terá lugar 4 de decembro, ás 11h., no Auditorio da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo onde o alumnado de 6º curso de ambas especialidades interpretará a peza RITO creada pola bailarina e coreógrafa galega Esther Latorre con motivo do aniversario do centro.
O Conservatorio Profesional de Danza de Lugo celebra os seus 20 anos de historia cunha exposición na que se realiza un percorrido visual e estético da súa andaina na cidade de Lugo.
Sendo o único conservatorio de danza dependente da Xunta de Galicia, ten un grande peso no desenvolvemento artístico e pedagóxico das últimas 20 xeracións da mocidade lucense e galega.
Vinte anos de danza, Vinte anos de historia, ten como obxectivo amosar a actividade dancística desenvolvida ao longo destas dúas décadas a través de fotografías, vídeos e materiais dalgúns dos proxectos máis significativos: galas dentro e fóra de Lugo, colaboracións con compañías de danza profesionais, traballo diario de clase…
Trátase dunha homenaxe a todos eles, aos protagonistas; o alumnado que adica tantas horas de traballo a esta disciplina artística e que tras anos de esforzo e constancia acadaron o seu obxectivo.
Máis do 50% do alumnado titulado está a completar os seus estudos de Grao en Ensinanzas Artísticas Superiores ou adicándose profesionalmente á danza, tanto en Galicia, como no resto de España e Europa.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte