15 C
Lugo
Vie, 3 Oct 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Inauguración da exposición “A rúa como espello: unha ollada á alma urbana”

2 de octubre - 20:00

Inauguración da exposición “A rúa como espello: unha ollada á alma urbana”

O xoves, 2 de outubro, ás 20:00 h, no Vello Cárcere, e a mostra estará aberta ao público ata finais de novembro.

Esta mostra, dedicada á fotografía de rúa en Lugo e na súa provincia, é froito do traballo do Colectivo Ruando, unha comunidade de fotógrafos afeccionados e profesionais que transforman o cotián en arte.

A exposición é unha selección de 40 imaxes contemporáneas que capturan a esencia da vida urbana, buscando o inesperado: un xesto, un contraste visual ou unha escena que fala do noso mundo sen palabras. Cada fotografía é un fragmento de vida, un testemuño que nos invita a mirar con máis atención o que nos rodea.

Ademais de ser unha mostra artística, “A rúa como espello” quere xerar unha reflexión sobre a ética na fotografía de rúa. Para o colectivo, fotografar persoas en espazos públicos implica unha gran responsabilidade. O obxectivo non é invadir, senón visibilizar con empatía e crear un diálogo a través da imaxe.

Este proxecto, que se enmarca no programa de investigación educativa da Rede Museística Provincial de Lugo, é unha oportunidade única para descubrir a alma de Lugo a través dunha nova mirada.

Detalles

Fecha:
2 de octubre
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

O Vello Cárcere
Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
Lugo, Lugo 27002 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 29 71 95