15 C
Lugo
Vie, 3 Oct 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Inauguración da exposición “Abismos na mirada”

5 de octubre - 19:00

Inauguración da exposición “Abismos na mirada”

de Alba Vázquez @albavazquezart

Domingo 05 de outubro

19:00 horas

Mesón do Forno

Ás 20h: intervención sonora de Russ (Marta Gilino), produtora e artista sonora galega que creará una atmósfera entre a escoita íntima e a enerxía do club, para este primeiro domingo de San Froilán.

Nesta ocasión @russinha__ trae unha sesión na que a música tradicional galega se mestura coa electrónica, xerando texturas sonoras que dialogan coas visuais de Antía Carreira aka Tonita, artista visual desta casa.

Alba Vázquez

«A artista visual e ilustradora noiesa, preséntanos unha serie de gravados coa técnica de xilografía sobre pulpa de papel.

O proceso parte da transferencia de fotografías a unha plancha de madeira. Unha vez tallada a matriz, elabórase sobre ela o papel artesanal, empregando pulpa branca e de cores, que recolle tamén a textura das zonas talladas. Unha vez seco o papel, entíntase a matriz e estámpase cun tórculo.

A temática dos gravados ten que ver coa mirada, unha das súas obsesións artísticas. Asómbralle o que unha ollada pode transmitir e ao mesmo tempo, entende que a arte reflicte a mirada do artista, a súa forma de ver o mundo. Nesta serie de gravados, transforma esas miradas xogando coa cor e coa abstracción, e convidando ao espectador a mirar dende outra perspectiva, a alonxarse e descubrir novas formas de ver.»

Detalles

Fecha:
5 de octubre
Hora:
19:00
Categoría del Evento:

Local

Mesón do Forno
Rúa Río Ser, 12
LUGO, Lugo 27004 Spain
+ Google Map