- Este evento ha pasado.
Inauguración da exposición «Gardiáns» sobre as razas autóctonas de Galicia

Inauguración da exposición «Gardiáns» sobre as razas autóctonas de Galicia
Venres 26 no Vello Cárcere de Lugo ás 18:00 h.
Con Jorge Arévalo, autor da mostra, xunto a poetisa Olga Novo, membros da
Fundación Legar e representantes institucionais da Deputación e do Concello de Lugo.
O traballo fotográfico e audiovisual elaborado por Jorge Arévalo poderá visitarse ata o 12 de outubro.
A mostra reúne 71 imaxes e 2 vídeos que retratan diferentes razas galegas e a súa estreita vinculación co territorio.
Nas fotografías recóllense as cinco razas de vacas en perigo de extinción —Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa—, así como a Ovella Galega, a Cabra Galega e a
Galiña de Mos.
Cada imaxe está identificada co nome do animal e coa aldea na que foi realizada.
Arévalo, que habita entre Quiroga e O Courel, leva tempo practicando a fotografía con
animais.
Dende o 2019 traballa nesta idea de retratar ás razas autóctonas que se crían nas aldeas galegas.
Dende hai un ano, xurdiu a colaboración coa Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga) e tamén coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo para materializar este proxecto.
A exposición poderá visitarse ata o 12 de outubro, no horario habitual de apertura do
Vello Cárcere: de 11:00 h a 14:00 h pola mañá e de 16:00 h a 20:00 h pola tarde.























