Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Inauguración da Exposición «Mulleres en Gaza»

28 de septiembre - 19:00

Inauguración da Exposición «Mulleres en Gaza»

Luns 28 de setembro

19:00 horas

Inauguración da mostra dos artistas Nour e Anwar Abu Rayan, enmarcada no XX Aniversario da Rede Museística Provincial de Lugo. O acto celebrarase na Deputación Provincial de Lugo.

A arte convértese así na linguaxe que colle o testemuño das palabras cando estas non son quen de definir con exactitude o que queremos expresar, permitindo comunicar todo o que, doutro modo, resulta inabarcable.
A exposición está composta por vinte cadros, vinte escenas de vida errante e resistencia, de dor e morte, e do desgarro dun xenocicio que non cesa.
Trátase de pinturas que narran a vida cotiá dunha poboación asediada por terra e aire, un día a día de morte e dor que as irmás palestinas Nour e Anwar Abu Rayan retrataron armadas de pinceis e cores contra un exterminio que viviron dende a veciña Cisxordania, conectadas por outras tantas violencias vividas en primeira persoa coas mulleres retidas e masacradas na Franxa.
A través de obras como Cenizas de Vida, Resistencia Frente al Genocidio, El Grito de Gaza ou El Camino del Desplazamiento, as artistas contan a historia de mulleres coma elas, habitantes de Gaza e parte dunha Palestina que segue a mirarnos directamente aos ollos, incluso cando hai tempo que xa non atopa grandes espazos dende os que ser contada.
Esta proposta chega a Lugo da man da Coordinadora Galega de ONGD, grazas ás organizacións Asemblea de Cooperación pola Paz e a súa parceira nos territorios ocupados, o Psychosocial Counseling Center for Women (PSCCW), ambas as dúas depositarias da obra de Nour e Anwar Abu Rayan e encargadas de facilitar a súa exposición.
O PSCCW é unha organización palestina que traballa con mulleres e familias que viven as consecuencias máis duras da vulneración de dereitos, a ocupación e as violencias, mentres que Asemblea de Cooperación pola Paz aposta por unha cooperación solidaria, transformadora e comprometida orientada a protexer a poboación civil e apoiar iniciativas que promovan a dignidade e a igualdade.
Pola súa banda, a Coordinadora Galega de ONGD traballa dende Galicia para construír un modelo de cooperación transformadora baseado no desenvolvemento sustentable e no enfoque feminista e de dereitos humanos.
Logo de pasar polo Centro Sociocultural do Castiñeiriño, arroupada pola comunidade veciñal deste barrio de Santiago como parte do programa Compostela máis Solidaria, a mostra atopa no vixésimo aniversario da Rede Museística Provincial un marco idóneo para reafirmar o papel dos museos como ferramentas de transformación social, convidando a cidadanía lucense a achegarse a unha realidade que nos chama a non mirar para outro lado.

 Dende o 28 de setembro ao 30 de outubro

Detalles

  • Fecha: 28 de septiembre
  • Hora:
    19:00
  • Categoría de Evento:

Recinto