iTERRA Talent Week 2026

Do 28 de setembro ao 2 de outubro de 2026, achégate á investigación que se desenvolve no Campus de Lugo.
Participa en experiencias prácticas, coñece os grupos e laboratorios do iTERRA e conversa con persoas que se atopan en diferentes etapas da carreira investigadora.
Dirixida ao alumnado universitario. Non é necesaria experiencia previa.
Non se trata só de coñecer a investigación: queremos que poidas participar nela e descubrir se pode formar parte do teu futuro académico ou profesional.
Información práctica
Datas: 28 de setembro – 2 de outubro de 2026
Lugar: Campus de Lugo · sede do iTERRA e laboratorios e instalacións participantes
Dirixida a: Alumnado universitario, principalmente de grao e mestrado
Participación: Gratuíta
Prazo de inscrición e selección de actividades: dende o 16 ao 23 de setembro
Contacto: iterra.xestion@usc.gal
Toda a información na web oficial

