Inauguración da exposición “Rosalía. Proclamar ao mundo que Galiza existe”
O luns 30 de xuño, ás 19:15 horas,no Museo Provincial de Lugo
Mostra que conxuga rigor, sensibilidade e compromiso coa figura de Rosalía de Castro, símbolo da cultura galega e referente universal.
A exposición estrutúrase arredor de tres eixos fundamentais que permiten achegarse á autora dunha forma próxima e contextualizada:
A súa biografía, presentada a través dunha narrativa cronolóxica accesible.
O contexto histórico, social e cultural no que desenvolveu a súa vida e obra.
A orientación, o sentido e a vixencia da súa produción literaria, convidando á lectura mediante fragmentos escollidos que ilustran o seu pensamento e a súa estética.
Ao longo de vinte paneis, a mostra propón un percorrido pola traxectoria vital e intelectual dunha muller valente, consciente do seu tempo e do seu país, que asumiu o galego como lingua de cultura e defendeu o dereito das galegas e galegos alfabetizados a contaren cunha literatura propia e moderna.
A mostra conta cos textos de Francisco Rodríguez, que intervirá no acto inaugural e é autor dos contidos que acompañan a exposición.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte