9.4 C
Lugo
Sáb, 10 May 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Inauguración da mostra «Obscuración dalgún corpo planetario»

25 de abril - 19:00

Inauguración da mostra «Obscuración dalgún corpo planetario» do artista colombiano Camilo Mutis Canal o venres 25 de Abril ás 19:00 horas no espazo Solaina (Rúa do Camiño Real 88, Baixo – Casa dos Cravos)

Irá acompañada dunha performance que se realizará ao final da inauguración ás 21h.

Obscuración de algún cuerpo planetario é unha exposición de palabras, versos, imaxes,
texturas e arquivos de tres proxectos: Páramo, La Miscelánea de Mutis yPlantas
flamencas de sol Morado. Estos teñen en común o plano experimental da edición e,
dende exploracións gráficas e literarias, relacionan memorias persoais, xeografías,
teorías, poemas, cantes e relatos colectivos.

Os materiais nos que interveñen estos proxectos dan conta de contornas e apreciacións
particulares que, ao misturarse, xorde unha linguaxe sobre o territorio que non é
descriptivo. Un vínculo extrano entre os páxaros, as plantas, os astros e as memorias. Un
inventario sen orde. Unha linguaxe científica de supersticións.

A exposición convida aes súes asistentes a rebuscar mensaxes e xerar misturas,
aproximándose á ciencia como poética e á palabra como unha forma de xeografía.

Camilo Mutis

Camilo Mutis (Bogotá, 1992) é un artista e psicólogo colombiano que traballa coa
edición expandida, a performance, a instalación e diversos formatos participativos.

Ten experiencia en investigación, enseñanza artística, mediación cultural, deseño editorial e
multimedia, así como no desenrolo de proxectos artísticos situados e relacionados co
territorio. Investiga as materialidades da linguaxe, a deconstrucción de símbolos,
arquivos e xeografías, e as relacións entre poesía, ciencia e arte.

O páramo, un dos ecosistemas no que creceu, convértese nun escenario especulativo e fértil, dende o cal re-pensar o binomio natureza-cultura a través de diversos proxectos, vinculados coa contorna e novos territorios.

Axenda Cultural de Lugo.

www.vivalugo.es

https://www.facebook.com/vivalugo

https://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo

Detalles

Fecha:
25 de abril
Hora:
19:00

Local

Galería Solaina
Rúa do Caminho Real 88, Baixo
Lugo, Lugo
+ Google Map
Ver la web del Local