O mércores 25 de setembro ás 19:30h inaugúrase no CAM a intervención artística «Distinta, pero a mesma» da artista multidisciplinar Sabela Eiriz.
É un proxecto inédito producido para o CAM Lugo.
A instalación das imaxes ocupa o oco acristalado do CAM, un lugar a medio camiño entre o río e o centro da cidade, continuamente cambiante coa luz e a natureza que o arrodea.
“ (…) Hai algo que resoa, unha identidade recoñecible baixo o fluxo continuo da auga. Un eco na cunca da man pola que se extenden pequenos regatos que adiviñan o futuro.
Sabela Eiriz (Lugo, 1991)
Como artista multidisciplinar traballa fundamentalmente con fotografía, escritura e vídeo.
A súa linguaxe baséase na poética, nas posibilidades expresivas das imaxes e na hibridación de formas e de formatos.
Por outro lado, a súa experiencia e formación en cine e nas artes escénicas aportan unha dimensión corporal e sonora a moitos dos seus proxectos.
Combina unha aproximación conceptual cun hábito contemplativo: o seu traballo responde á contorna que a rodea, tomando as experiencias e as emocións como puntos de partida, especialmente arredor da memoria, o baleiro e os vínculos, así como a metarreflexión sobre a imaxe e os seus usos.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte