8.8 C
Lugo
Mar, 3 Dic 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Lugo Cultural – As infraestruturas na provincia de Lugo a debate

21 de noviembre - 19:00

Lugo Cultural – As infraestruturas na provincia de Lugo a debate

Xoves 21 de novembro, ás 19.00 horas, na cafetaría da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo

Falarán David Cota Mascuñana, profesor da área de Enxeñaría e infraestruturas dos transportes e do grao de Enxeñaría civil da USC, e Pedro Blanco Valcárcel, graduado en Enxeñaría civil e doutorando no departamento de Matemática aplicada da USC.
A xornalista e profesora da Facultade de Humanidades do Campus de Lugo, Marta Veiga Izaguirre, será a moderadora da sesión.

O encontro que está coordinado pola Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, servirá para presentar a historia e as circunstancias que levaron á situación actual das infraestruturas na provincia de Lugo, e revisaranse algunhas das características da ocupación do territorio galego (e en concreto do lucense) que condicionan as infraestruturas existentes e as futuras.

Así mesmo, vaise comparar a provincia de Lugo con outras provincias, para poder ver o nivel de desenvolvemento relativo neste ámbito.

Por último, «trataremos de darlle sentido, dende un punto de vista técnico, ás condicións que xustifican a execución de novas infraestruturas, distinguindo execución de explotación, e erguendo a ollada cara ao futuro, ao porvir das infraestruturas na provincia», explican dende a organización.

‘Encontros de Lúa Chea’, programa de debate sobre cuestións de actualidade organizado polo colectivo universitario Proxéctate en Galego e incluído dentro da programación do Outono Cultural.

Detalles

Fecha:
21 de noviembre
Hora:
19:00
Categoría del Evento: