Casa do Saber de Lugo
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Actuou como solista con orquestras como a Orquestra de RTVE, a Orquestra Sinfónica Simón Bolivar, a Orquestra Bética de Cámara, a Orquestra Ciudad de Almería, a Brooklyn Chamber Orchestra, a Orquestra Sinfónica MDC e a Orquestra Sinfónica UPM, entre outras.
Realizou gravacións para Radio Nacional Clásica, RTVE e a radio BBC 3.
O seu primeiro álbum con Eudora Records: AD ILLIAM, con obras de Ravel, Chopin, Demestres, Lili Boulanger, Nadia Boulanger, Piazzolla, Gómez Vázquez e Ginastera foi aclamado por críticas nacionais e internacionais, e foi gañador da mellor gravación 2022 de música clásica nos premios Más Músicas, finalista nos Premios de Música Independiente 2022 e foi tamén seleccionada como un dos mellores discos de 2021 en La Hora Azul de Radio Clásica.
Actualmente acaba de gravar o seu segundo álbum con Eudora Records Sisters of the Moon
que verá a luz en 2024.
Entre os seus numerosos galardóns, caben destacar os primeiros premios no Concurso de Juventudes Musicales de España, no Concurso internacional Ciutat de Carlet, no concurso Iris Dyer da Royal Academy of Music, nas competicións Freddy Morgan e Wigmore Hall (modalidade solista e música de cámara), no Colburn International Piano Seminar, o premio EMCY, así como o Maud Hornsby Award e o Franz Reizenstein Prize da Royal Academy of Music, pola súa traxectoria profesional.
Algunhas das súas composicións foron estreadas en salas como a Wigmore Hall, a Royal Academy of Music, o Museo Xudeu en Varsovia, o Queen Elizabeth Hall, polas orquestras Milton Keynes, Aurora, Encore Chamber Orchestra e outras agrupacións profesionais.
Nada en Alcalá de Henares (Madrid) en 1995, Susana Gómez Vázquez graduouse baixo a tutela de Patsy Toh e Hamish Milne na Royal Academy of Music con mención de honor, realizou un Máster de Música no Conservatori Liceu de Barcelona con Josep Colom e outro na Hochschule für Musik und Tanz Köln con Fabio Bidini.
Hermanas de la luna
Se se observa detidamente e se escoita con coidado, pódense sentir rexurdindo entre a espesura da historia: as Hermanas de la luna.
A súa música na escuridade a través dos séculos foi a cara oculta da lúa que agora temos por fin o poder de mostrar e redescubrir.
Hermanas de la luna é un recital de xoias que nos guían nunha viaxe musical chea de poesía e maxia.
Escritas por grandes compositoras ao longo da historia, as súas obras descóbrennos as súas diferentes orixes, fascinantes vidas e unha sensibilidade común para emocionarnos e facernos partícipes das súas raíces, sentimentos e pensamentos máis profundos.
Contra todo pronóstico nunha sociedade que non as favorece, elas conseguiron seguir creando e ser músicas e artistas de referencia.
PROGRAMA
Hélène de Montgeroult (1784-1836) Estudos 37 e 111
Fanny Mendelssohn (1805-1847) Xuño e setembro
Amy Beach (1867-1944) Hermit Thrush at Eve [Tordiño eremita ao solpor] Hermit Thrush at Morn [Tordiño eremita ao amencer]
Nadia Boulanger (1887-1979)3 pequenas pezas para piano
Alicia de Larrocha (1923-2009) Festívola
Iluminada Pérez (1972) Le sette sorelle de ciel [As sete irmás do ceo] para piano e electrónica
Susana Gómez Vázquez (1995) Interludio (Oda a Kassia)
Claudia Montero (1962-2022) Rondó Septiembre
Susana Gómez Vázquez (1995) Ella
Florence Price (1887-1953) Fantasía Negra en mi menor