6.1 C
Lugo
Mar, 25 Nov 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Meetup WordPress Lugo – Crea bloques de WordPress desde cero

26 de noviembre - 19:00
Meetup WordPress Lugo – Crea bloques de WordPress desde cero

A Meetup WordPress Lugo celebra un novo encontro centrado no desenvolvemento de bloques personalizados para WordPress.

A sesión abordará a estrutura real dun bloque, os principais arquivos que o compoñen, as funcións esenciais e os compoñentes básicos necesarios para a súa creación.

Tamén se tratará o uso da intelixencia artificial como ferramenta de apoio no proceso de desenvolvemento, orientada a optimizar tarefas sen perder o control técnico nin a comprensión do código.

O evento está dirixido a profesionais e persoas interesadas no desenvolvemento web e no ecosistema WordPress.

Terá lugar o mércores 26 de novembro ás 19:00 horas no Vello Cárcere de Lugo. Ao rematar, haberá un espazo de networking acompañado de petiscos grazas ao apoio de LucusHost.

Que é a Meetup WordPress Lugo

A Meetup WordPress Lugo é unha comunidade local formada por persoas interesadas no deseño, desenvolvemento e xestión de proxectos con WordPress e páxinas web.

Organiza encontros mensuais (o último mércores de cada mes) en formato de charla, obradoiro ou networking, nos que se comparten coñecementos prácticos, experiencias reais e tendencias do sector dixital.

Está aberta tanto a profesionais como a persoas que están a iniciarse no mundo web e ten como obxectivo crear comunidade, fomentar a aprendizaxe colaborativa e impulsar o talento dixital en Lugo e na súa contorna.

+ info: https://wplugo.eu/evento/ai-build-custom-blocks-crea-bloques-de-wordpress-desde-cero/

Detalles

  • Fecha: 26 de noviembre
  • Hora:
    19:00

Local

  • O Vello Cárcere
  • Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
    Lugo, Lugo 27002 Spain
    + Google Map
  • Teléfono 982 29 71 95