Mercadiño de Troco edición primavera

«Díganllo ás veciñas, á familia, á parella, ás amigas porque volve, un ano máis (e van 12), O MERCADIÑO DE TROCO de Bico de Grao edición primavera!
O funcionamento é o habitual: Tes algo que non uses? Está en bo estado? Pois que estea limpiño e digno de intercambiar porque seguro, seguro que a alguén lle fai avío.
A cambio, levas o que precises. Non se trata de caridade, senón dun xeito alternativo de economía e de resistencia.
Resistencia ao consumismo que nos afoga.
Resistencia a unha economía que esquece ás persoas.
Resistencia desde o cotiá, desde o pequeno, desde o colectivo.
Porque trocar tamén é coidarnos.
Porque compartir tamén é loitar.
Vémonos mércores 15 e xoves 16 de abril en Bico (de 17 a 20 horas)
Que este convite chegue moi lonxe! Que rule, que rule!»
























